Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 4 de maio de 2018

Antonio García Teijeiro


O escritor Antonio García Teijeiro visitou hoxe o colexio de Ponte Sampaio e compartimos con el unha xornada inesquecible.
Comezamos coa presentación do autor polos alumnos e alumnas de 6º de primaria.

Logo de falar con todos, recitounos algúns poemas do seu libro Poemar o mar” co que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil 2017.

 Deseguido fixo con nós un xogo poético que tivo a todo o mundo engaiolado. 
Presentounos a Honorato, o rato namorado”, que moitos xa coñecían.

Algúns alumnos e alumnas de infantil e de primeiro agasallárono recitándolle algúns poemas seus.

Logo dunha entrevista que lle fixeron nenos e nenas de 6º con preguntas recollidas por todas as aulas, o escritor asinoulle os libros que trouxeron da casa.
De seguro que non lle esquece a ninguén esta memorable visita.

Lembrade ben o que dixo:

Para escribir ben, o más importante e LER MOITO.


Graciñas Antonio por facernos pasar estes gratos momentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario