Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 24 de outubro de 2017

Conmemoración Día das Bibliotecas Escolares

OOOLA!
Hoxe estou contento a rabiar!
Xa me parecía a min que ía ser un chisco difícil escoller soamente un marcapáxinas.
Déixovos unhas cantas fotos de cando os escollestes.

NON SEI CAL ESCOLLER!






Xa están preparadas as mochilas viaxeiras para todos os cursos de primaria.
MOCHILAS VIAXEIRAS

Mirarei con atención o que escribides nos cadernos viaxeiros para saber que é o que máis vos gusta e as vosas suxerencias.
Comezamos a viaxe!


Xa está colgado o cartel da Biblioteca Infantil que fixestes entre todos.

Sodes uns artistas fenomenales!

FELIZ DIA DAS BIBLIOTECAS!

ATA PRONTO!

luns, 23 de outubro de 2017

Exposición marcapáxinas.

OOOLA!

Xa tedes colgados no panel da biblioteca todos os marcapáxinas que fixestes para agasallar a outro lector ou lectora do colexio e celebrar así o
Dia da Biblioteca.

Ide botándolle unha ollada os que máis vos gusten.

Mañá poderedes escoller un marcapáxinas entre  todos os deseños que fixestes.

Son todos tan especiais que eu non sabería con cal quedarme.
ATA PRONTO!