Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

sábado, 24 de marzo de 2018

Semana da Poesía

OOOLA!! 


ESTA SEMANA FOI DE PASEOS DUNHA AULA A OTRA. UNHAS VECES DE VISITA E OUTRAS VISITADOS, PERO SEMPRE CON MOOITA POESÍA.
ALGUNHAS DECLAMADAS POR UNHA PERSOA E OUTRAS POR TODO UN GRUPO, UNHAS DE MEMORIA, OUTRAS LIDAS.
 A MAIORÍA DESTAS POEMAS ERAN DE ESCRITORAS E ESCRITORES COÑECIDOS POR TODOS E OUTRAS ESCRITAS POR VÓS.

QUERO COMPARTIR CON TODOS ALGÚNS DOS VOSOS POEMAS,
NORABOA POLO TRABALLO!

xoves, 22 de marzo de 2018

A VOZ DO VERDUGO Nº8

Xa temos un número máis do noso Boletín Escolar.

O contido dos artigos xira arredor de historias de mulleres da nosa contorna, algunha das cales forman parte do traballo que presenta o colexio para a edición deste ano do Salón do Libro: Mulleres de Conto.
Algunhas contadas en primeira persona e outras relatadas por alumnos do centro.

Agradecemos a  colaboración aos redactores e redactoras dos artigos deste número de A VOZ DO VERDUGO.
Esperamos continuar coa edición deste boletín coa vosa imprescindible colaboración.

Recomendacións lectoras 2º trimestre

OOOLA!!! 
   XA SOMENTES QUEDA UN DÍA  PARA AS VACACIÓNS DE PASCUA.
ESTOU DERREADO DE TANTO TRABALLAR.
APROVEITADE BEN O TEMPO. 
DÉIXOVOS ESTA ESCOLLA DE LECTURAS E MÚSICA PARA TODOS ESES MOMENTOS QUE TEMOS LIBRES AO LONGO DESTA SEMANA.

ESPERO QUE VOS GUSTEN.
ATA LOGUIÑO!

mércores, 21 de marzo de 2018

SEMANA DA POESÏA


Hoxe, 21 de marzo celébrase o Día da Poesía, fixado dentro do Calendario do Libro e da Lectura.

Este curso acordamos facer a Semana da Poesía.
Lecturas compartidas de poemas entre o alumnado dos distintos cursos ao longo de toda a semana durante a sesión de Hora de ler por todo o centro.
Velaí van algunhas imaxes destas actuacións.









mércores, 14 de marzo de 2018

DIA DE PI

OOOLA!! 


COMO XA VISTES, NA CLASE DE 6º DE PRIMARIA MONTARON UN MURAL NO PASILLO CON MOITA INFORMACIÓN QUE ESTIVERON A PROCURAR DO NÚMERO P.

         COMPARTIRON TODA A INFORMACIÓN E AS              CURIOSIDADES QUE AVERIGUARON SOBRE P. 
                       QUE BO TRABALLO!

   FORON POLAS CLASES CONVIDANDO A TODOS NO   COLEXIO GALLETAS CO SÍMBOLO DE P ESCRITO           CON  CHOCOLATE, EXPLICANDO QUE HOXE
       CELEBRÁBASE O DÍA DE P EN TODO O MUNDO.

ATA LOGO!

venres, 2 de marzo de 2018

RAQUEL QUEIZÁS 5/3/18

OOOLA!!

QUERO RECORDARVOS QUE O LUNS VAI VIR RAQUEL QUEIZÁS DE NOVO AO COLEXIO.

XA VOS CONTAREI COMO O PASAMOS.

DEIXOVOS O ENLACE PARA LEMBRAR A VISITA ANTERIOR.

ATA LOGO!