Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

mércores, 21 de febreiro de 2018

DÍA DA LINGUA MATERNA

Hoxe conmemórase o Día da Lingua Materna, proclamado pola UNESCO en 1999 co obxectivo de impulsar o coñecemento e a práctica das Linguas Maternas en todo o mundo.
Festexamos esta data sinalada no colexio cun obradoiro no que participaron tanto nenos como profesoras.
Os compoñentes de POLO CORREO do VENTO, contaron a historia de
“Mario pensaba que o galego non servía para nada”.
Enrique contou o relato adaptándoo a temática dos piratas que estamos traballando no colexio. Mentres, Carlos ía debuxando unha escena deste conto facendo un mural.
O remate desta actividade  foi un obradoiro de ilustración no que a partires dun círculo e un cadrado, paso a paso, fomos debuxando un pirata .

Todo o alumnado estivo moi atento, participativo e entusiasmado ao longo de toda a actividade lúdica.
Quedamos moi contentos coas nosas obras. Saíron bastante ben. Velaiván algunhas.


Graciñas a Polo Correo do Vento por esta xornada.

venres, 16 de febreiro de 2018

ENTROIDO NA PONTE


Este ano de seca tocóunos facer a festa do Entroido a cuberto no ximnasio.
Aínda así, a pesares de ter que estar como sardiñas, celebramos a festa máis xuntiños e varias familias gozaron con nós. 

Non hai dúbida que os disfraces  piratas foron os reis deste entroido.Todo o alumnado de infantil ía de pirata e a maioría do profesorado tamén.
Nas aulas de infantil prepararon os complementos dos seus disfraces piratas.
O pregón, o xuicio e o testamento de D.Inocencio fixérono, coma sempre, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria.
Tamén leron as rimas que todos fan na casa dos seus disfraces.

Despois do desfile chegóu o galo Fodorico.
Este ano desplumárono nun momento.
Ao ser dentro houbo que desplumalo por quendas .
Para cando lle tocóu a os veteranos non tiñan case plumas que coller.
Noraboa Fodorico por un ano máis de ledicia!!

Hoxe rematamos este entroido no colexio
co tradicional Pasamento da Sardiña

Comezamos un día de loito que rematou cunha pequena sorpresa para a cativada, logo de arrearlle uns bos varazos a probe sardiña.

Aquí tedes unha mostra gráfica do acontecido. 

venres, 9 de febreiro de 2018

VENRES DE ENTROIDO


OOOLA!!

VAIA FESTA PIRATA!

HABER HOUBO DE TODO,

PERO PIRATAS...

 A PUNTA PALA.

 


PARA VER MÁIS ESTADE ATENTOS AO BLOG.

ATA LOGO!!

xoves, 8 de febreiro de 2018

PINCOMANDA Venres

OOOLA!!   VAIA, VAIA,
 MIRA QUE PÉS !!
 "ATA ALGUÉN 
CALZÓU DO REVÉS".




PARA  MAÑÁ, FEEESTA RACHADA!
A QUINTA,A AHÍ VOS VAI
  ¡¡MOITO OLLO COAS LAMBETADAS!!

mércores, 7 de febreiro de 2018

PINCOMANDA XOVES


OOOLA!!


XA VAI QUEDANDO 

MENOS  PARA 

A GRAN FESTA DO 

VENRES

 VAIA PINTAS QUE 

TRUXESTES HOXE.






PREPARÁDEVOS PARA MAÑÁ
A CUARTA,A AHÍ VOS VAI



ATA MAÑÁ !!

martes, 6 de febreiro de 2018

PINCOMANDA MÉRCORES

OOOLA!!
VAIA, VAIA, MENOS PIOLLOS
 HOUBO DE TODO!
PREPARÁDEVOS PARA MAÑÁ
A TERCEIRA,A AHÍ VOS VAI
    ATA O MÉRCORES Á MAÑÁ !!  ::








luns, 5 de febreiro de 2018

PINCOMANDA MARTES


OOOLA!!


VAIA VARIEDADE DE TRAXES DE NOITE QUE TRUXESTES HOXE!

PREPARÁDEVOS PARA MAÑÁ
PARA O MARTES  A SEGUNDAA
AHÍ VOS VAI
ATA O MARTES POLA MAÑÁN!!

venres, 2 de febreiro de 2018

PINCOMANDA LUNS


OOOLA!!

O ENTROIDO XA ESTÁ EIQUÍ!
COMO XA ES TRADICIÓN NO COLEXIO, CADA DÍA DA SEMANA DE ENTROIDO MANDAREIVOS VIR DALGÚN XEITO PECULIAR.
“PRESTADE ATENCIÓN,
 AS  COMANDAS SON ABERTAS
 E NON LITERAIS".
         ESTA É A PRIMEIRA:::: 
 ATA O LUNS Á MAÑÁ !!


xoves, 1 de febreiro de 2018

Un mar de desexos

A xornada do martes 30 de xaneiro vivímola no CEIP de Ponte Sampaio reuníndonos no ximnasio para compartir

"UN MAR de DESEXOS"

Este foi o lema que escollimos este curso no colexio.
Compartimos mensaxes coa Escola infantil A Galiña Azul de Arcade que mandou unhas cantas botellas decoradas con bos desexos escritos nelas.
Con todas estas mensaxes elaboramos estes murais.
  Murais elaborados coas mensaxes de paz.. 
Comezaron o acto os alumnos de 6º coa lectura do
manifesto pola paz.

A continuación todos os nenos e nenas de tres anos contáronnos cales eran os seus desexos de paz.

Deseguido unha parella de cada aula foi lendo por quendas dúas mensaxes escollidas nas súas clases.

Paula e Érika leron en inglés que xa había 50 anos que asesinaran a Martin Luther King.

Rematamos o dia cantando xuntos a canción do profe Sergio
“PIRATAS DA PAZ”.


As nosas armas son bicos e apertas… 


luns, 22 de xaneiro de 2018

Contos de Mulleres

O tema da edición deste ano do Salón do Libro é 
“MULLERES DE CONTO”.
Dende o colexio quixemos darlle unha volta máis e o noso traballo versará sobre as mulleres da nosa contorna.
 Queremos recoller as historias que aconteceron arredor nosa. Estes relatos que se contan nas casas, algúns dende hai séculos.
Son historias importantes pola súa singularidade, e as protagonistas son as mulleres, ás veces invisibles, que tanto fixeron e fan por nós acotío.
Este curso imos participar co traballo:
    CONTOS DE MULLERES……
Están chegando historias moi interesantes. 
Aínda podedes contarnos algunha máis.
Comezamos a preparar as follas que recollerán nun caderno todos estes relatos .




luns, 15 de xaneiro de 2018

PIRATAS DA PAZ

OOOLA!

XA VEXO QUE ANDADES A VOLTAS CO MUNDO DOS PIRATAS.

TEÑO MOITAS GAÑAS DE VER O QUE IDES APRENDENDO.

DEIXEIVOS NOS EXPOSITORES DA ENTRADA UNHA CHEA DE LIBROS DE TODO TIPO QUE FALAN DE PIRATAS E DO O SEU MUNDO.

COMO XA SABEDES MENTRES ESTEAN EXPOSTOS NON SE PODEN LEVAR PRESTADOS PARA CASA, PERO PODEDES CONSULTALOS E BOTARLLE UNHA OLLADA PARA CANDO PASEN ÁS ESTANTERÍAS OUTRA VEZ.

PIRATAS Á VIIIISTAAAAA!!!