Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

sábado, 3 de xuño de 2017

PONTEENCIENCIA

Despois de meses artellando distintos modelos para confirmar a hipótese de se o movemento 
perpétuo existía ou non, o resultado foron estes artefactos que aquí vos amosamos.
 O xoves quedou montado o stand do proxecto do colexio:
"A mentira do movemento perpétuo".
Onte  foi a presentación do proxecto ante o xurado. E unha chea de actividades e experimentos para todos os colexios participantes.
Hoxe foi a xornada dos proxectos das familias e de acceso libre ao público en xeral.
Gañamos o premio Francisca Herrera Garrido de ciencia no cole.
Todos e todas levaron cadanseu diploma de participante.
Levamos un diploma, un castiñeiro e un xogo de cartas para o colexio.
Agora exporemos para o colexio o noso proxecto.
NORABOA POLO TRABALLO FEITO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario