Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

domingo, 19 de marzo de 2017

DÍA DA POESÍA 2017

 A decisión de proclamar o dia 21 de marzo como DIA MUNDIAL DE LA POESÍA foi aprobada pola UNESCO no ano 1999 en París.

 De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é APOIAR a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

 Por outra banda, este Día ten como propósito promover o ensino da poesía; fomentar a tradición oral dos recitais poéticos; crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que se considere unha vía de expresión que permite ás comunidades transmitir os seus valores e reafirmarse na súa identidade restablecendo o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas.

 Esta semana imos adicar as sesións de Hora de ler á poesía. Leeremos, escoitaremos, sortearemos, compartiremos e mesmo debuxaremos poemas de varios poetas, adicándolle un papel principal a GLORIA FUERTES no centenario do seu nacemento. 
MARZO, TERCER MES DEL AÑO.
   LLUEVE LLUVIA,
   NIEVE NIEVA,
HACE UN FRÍO QUE PELA…
PERO EL DÍA VEINTIUNO,
¡ VIENE MI PRIMA VERA!
Pensamientos, refranes y apariencias. Gloria Fuertes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario