Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 30 de xaneiro de 2017

MANIFESTO DÍA DA PAZ 2017



MANIFESTO DÍA DA PAZ 2017


Bos días a todos os presentes nesta Xornada do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.

Esta Xornada celébrase, dende o ano 1964, cada 30 de Xaneiro, data do aniversario da morte de Gandhi. Sabedes quen foi? Pois foi un avogado e político da India, que lle adicou gran parte da súa vida a traballar polos dereitos humanos, así como tamén polo diálogo e o respecto entre os seres humanos, os pobos, as relixións... E todo isto sen utilizar nin as armas nin a violencia. Tén frases moi fermosas, como:

“Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño”,

“Sé ti o cambio que queres ver no mundo”.

Esta última vainos moi ben para o lema deste ano, que é:

“O mundo que queremos; as nosas relacións”.

E como é algo que nos importa moito por iso estes días nas clases fixemos un decálogo de paz e falamos de levarnos ben entre nós, porque iso mola…
Gústanos que nos traten con amabilidade, con respecto, con cariño, que nos valoren e queiran tal como somos, que nos acepten, que nos escoiten, que compartan, que conten con nós… Pois este tén un camiño de volta: facerlle aos demais exactamente o mesmo: escoitar, valorar, agradecer, respectar... Se estamos convencidos contaxiaremos coas nosas accións ás persoas que nos rodean. E así iremos facendo da nosa casa, do noso cole, do sitio onde vivimos ese mundo que queremos.


DECÁLOGO DE CENTRO
DÍA DA PAZ 2017- AS RELACIÓNS PERSOAIS

*  PEDIMOS AS COUSAS POR FAVOR E DESPOIS DAMOS AS GRACIAS.
*  RESPECTAMOS AOS MAIORES SEN INTERRUMPIR.
*  DÁMOSLLES CARIÑÓ A TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS CANDO SE SINTEN MAL.
*  CANDO XOGAMOS XUNTOS, RESPECTAMOS AS NORMAS PARA PASALO BEN.
*  TRATAMOS CON AMABILIDADE E CARIÑO A TODO O MUNDO.
*  FALAMOS AMIGABLEMENTE AS COUSAS, SEN DISCUTIR; BUSCANDO CONXUNTAMENTE SOLUCIÓNS AOS PROBLEMAS.
*  ACEPTÁMONOS COMO SOMOS, COS NOSOS DEFECTOS E VIRTUDES.
*  ESCOITAMOS AOS DEMAIS CON EDUCACIÓN.
*  VALORAMOS E RESPECTAMOS A OPINIÓN DOS DEMÁIS, AÍNDA QUE NON ESTEAMOS DE ACORDO.


*  AXUDÁMONOS EN TAREFAS DE CLASE, TRABALLOS E DEBERES PARA ACADAR RESULTADOS POSITIVOS.



Ningún comentario:

Publicar un comentario