Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

xoves, 14 de decembro de 2017

Recomendacións lectoras NADAL

OOOLA!

COMO IDES TER MOITO TEMPO ESTES DÍAS QUE VEÑEN.
DEÍXOVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE NADAL.

LEMBRADE PEDIRLLE AOS REIS OU A PAPÁ NOEL UN LIBRO.
ATA LOGO!!! 

sábado, 9 de decembro de 2017

OOOLA!
XA SABÍA QUE ANDABADES INVESTIGANDO NO COLEXIO TODO SOBRE  
OOOS CASTELOSOO   
DESPOIS DE TANTO APRENDIDO O MERECIDO TIÑA QUE SER UNHA VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR.
Menudos reis e raíñas!
PERO ESTOU MOI LEDO PORQUE COMPARTISTES O VOSO TRABALLO CON OUTRAS CLASES.
O MARTES OS NENOS E AS NENAS DA AULA DE 5 ANOS FORON A CONTAR TODO O QUE APRENDERAN DOS CASTELOS A CLASE DE 6º DE PRIMARIA E LLES LEVARON O  CASTELO QUE FIXERAN
      NA CLASE DOS MAIORESSS

    MIRADE QUE CHULO!!¡¡¡¡
TAMÉN PASARON POLA CLASE DE PRIMEIRO E COMPARTIRON O QUE SABÍAN.
TIÑA ATA PONTE LEVADIZA CON CADEA…

NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!!!

luns, 4 de decembro de 2017

PONTEVEDRA. CULTURGAL 2017

OOOLA!
XA LEVO TEMPO MIRANDO O TRABALLO DE INVESTIGACIÓN QUE DESENVOLVÍAN NA AULA DE 6º COA EXPEDICIÓN GARCÍA de NODAL E O ILLOTE DE PONTEVEDRA, NO OCÉANO PACÍFICO.
TRABALLASTES UN MONTÓN E A VOSA EXPOSICIÓN NO CULTURGAL DESTE ANO QUEDOU XENIAL.
DEIXO EIQUÍ O TRÍPTICO QUE ELABORASTES COA INFORMACIÓN RECOLLIDA PARA QUE POIDA VELO TODO AQUEL QUE GUSTE.
    NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!    

venres, 24 de novembro de 2017

25 NOVEMBRO 2017

Para a conmemoración do Dia Mundial da Eliminación da Vilolencia de Xénero sobre a Muller, acordamos este curso traballar no centro o lema
NIN MÁIS NIN MENOS.
con todo o alumnado.
Montamos un pequeno vídeo con este lema coa participación do alumnado e da comunidade educativa.
Explicamos en todas as aulas lendo historias como ROSA CARAMELO e ARTUR E CLEMENTINE, mirando vídeos e dramatizando por parellas o lema deste curso.
Ti no es máis ca min,
Eu non son menos ca ti.
Escollemos palabras en todas as aulas: unhas que tiñamos que rexeitar para sempre e outras que procurar no centro, na casa, na nosa vida. Entre todas as que foron agromando, escollemos dúas en cada aula para que apareceran no mural elaborado entre todas e todos.
O luns imos facer un acto aberto a toda a Comunidade Educativa no patio do centro:
·       alumnas e alumnos de 6º de primaria lerán un manifesto
·       falarán representantes da ANPA do centro
·       o director explicará como e porqué se fixo o mural e contará a historia de “Artur e Clementina” .  
·       Veremos o vídeo “Nin máis, nin menos”
·       E remataremos o acto cantando entre todos SORRINDO a canción que compuxo o profe Sergio o ano pasado.

Deixámosvos un enlace das historias de Adela Turín:
        
Se queredes lembrar máis:


LEVARSE BEN MOLA


mércores, 22 de novembro de 2017

A VOZ DO VERDUGO Nº7

Xa temos un número máis do noso Boletín Escolar.

Nesta ocasión, o contido dos artigos xira arredor da mirada e experiencias de familias e exalumnos/as deste colexio ao longo dos 35 anos de traxectoria vital do CEIP de Ponte Sampaio.



Agradecemos a  colaboración aos redactores e redactoras dos artigos deste número de A VOZ DO VERDUGO.
Esperamos continuar coa edición deste boletín coa vosa imprescindible colaboración.
Somos noticia en Pontevedraviva

xoves, 2 de novembro de 2017

Outro ano máis chegou o SAMAÍN ao colexio da Ponte.

Como estamos a traballar Os Castelos en todo o centro… pantasmas, bruxas, morcegos,... non tiña duda.

Suxeriuse  decorar as cabazas do concurso contando co mundo dos castelos, e que as acompañara unha rima.

Decoramos portas, aulas e corredores.

O corredor da planta baixa tiña as cabazas alumeando.
Tiñamos unha morea de Contos de Medo preparados para ler e tremer.
O martes 31 o centro metía medo. Zombis, monstros, bruxas, pantasmas por todas partes.
Logo da votación da cabaza gañadora, os alumnos e alumnas de 6º de primaria foron amosándoa por todas as clases xunto co premio, 
un libro de monstros en inglés.

Rematamos o día pasando, o que quixera, polo 
Túnel do Medo e cantando, contando e dramatizando terroríficas historias.
Podedes ver máis neste enlace

martes, 24 de outubro de 2017

Conmemoración Día das Bibliotecas Escolares

OOOLA!
Hoxe estou contento a rabiar!
Xa me parecía a min que ía ser un chisco difícil escoller soamente un marcapáxinas.
Déixovos unhas cantas fotos de cando os escollestes.

NON SEI CAL ESCOLLER!






Xa están preparadas as mochilas viaxeiras para todos os cursos de primaria.
MOCHILAS VIAXEIRAS

Mirarei con atención o que escribides nos cadernos viaxeiros para saber que é o que máis vos gusta e as vosas suxerencias.
Comezamos a viaxe!


Xa está colgado o cartel da Biblioteca Infantil que fixestes entre todos.

Sodes uns artistas fenomenales!

FELIZ DIA DAS BIBLIOTECAS!

ATA PRONTO!